06 mayo 2021 5:34
Contratei os servizos da carpintería de Codeseda, concretamente soliciteille unhas pezas de madeira que ían destinadas a restaurar un par de mobles da miña propiedade. O servizo foi nefasto. De feito, non existiu tal servizo. Pasaron máis de 3 meses e NUNCA foi atendido o meu pedido, que supostamente ía ser entregado nun mes. As miñas chamadas telefónicas urxindo a facer o traballo acordado foron despachadas con boas palavras que nunca se traduciron na realización do traballo contratado. Total falta de profesionalidade, informalidade, falta de interese, incumprimento da palabra dada, prazos que non se cumpren. Este é o resumo da miña horrorosa experiencia con esta empresa. Non a recomendo en absoluto. Buscarei outra carpintería onde traballen con seriedade e con máis respecto pola clientela.
27 agosto 2019 1:04
Carpintería que ainda conserva o bo facer dos carpinteiros de toda a vida, o que da un resultado excepcional.

Escribe una reseña



Calificación general: