12 junio 2023 6:13
El correo electrónico del concello no funciona. Para hacer quejas o reclamaciones no hay a través de su web información. Si llamas a la policía te mandan a la de Santiago perdiéndose varias veces antes de llegar.ahora les mande mis quejas por el Facebook a ver si asi se dignan a contestarlas ya que trabajo y si el único medio es ir a reclamar en persona para mi es perder mi día de trabajo
27 marzo 2023 10:07
De los pocos ayuntamientos que mantiene a raya al PP seguimos y no pararemos hasta que desaparezcan del concello
16 noviembre 2022 17:18
Noraboa o ayuntamiento, polos traballos que esta a facer os aqueologos no castelo de mesia, seguide asi!
20 julio 2021 12:12
Concello bonito e con diversidade. O Alcalde a día de hoxe non cumple o qué promete. En Olas qué pasa ca auga, que pasa cas beira ruas qué fai anos tiñan que estar executados. Dónde mete os cartos SR. Alcalde
15 junio 2021 4:01
No pertenezco a este ayuntamiento, pero me solucionaron el problema que tenia de una manera muy profesional y rapida, gran ayuntamiento y conjunto de gobierno, la asistente social una maravilla de persona.
08 junio 2021 3:05
Gran atención por parte do alcalde e dos traballadores do concello de Mesía. De ¨¨¨10¨¨¨. Moitas Grazas
21 noviembre 2018 0:44
O Concello de Mesía está situado no centro oeste de Galicia e ao leste da provincia da Coruña. Linda cos concellos de Frades, Boimorto, Curtis, Vilasantar, Oza-Cesuras, Abegondo, Ordes e Carral.

Polo extremo suroeste é atravesado pola estrada comarcal AC-524 que une o concello coa capital comarcal e pola AC-223 (As Travesas-Xanceda) que atravesa gran parte do concello pola súa zona centro e que o une coa estrada das Travesas. Tamén cabe nomear que a AP-9 cruza o municipio nun tramo na parroquia de Visantoña.

A capital municipal é Xanceda, que dista de Santiago 42 Km, 46 Km da Coruña e 16 Km de Ordes.

As actividades económicas están dominadas polo sector primario e é o subsector pecuario o que marca as pautas paisaxísticas. Mesía é un dos concellos de Galicia con máis explotacións gandeiras, pero tamén destaca a presenza de dúas cerámicas que aproveitan o barro para a fabricación de tellas e ladrillos.

As Brañas da Valga

A extracción da arxila que tivo lugar na zona onde se sitúa a Aula da Natureza e Centro de Interpretación de Brañas de Valga, xerou un oco no terreo que pouco a pouco se converteu nunha lagoa. A intervención humana e o proceso natural de rexeneración están convertendo o lugar nunha zona húmida de interese para a vida natural e de ocio das persoas.

No contorno da antiga barreira de extracción de arxila, sitúase o edificio onde se alberga unha mostra completa na que os visitantes poderán coñecer con detalle a historia das telleiras, proporcionándolles un coñecemento global do traballo coa arxila, que lle resultará útil para entender mellor o presente e o futuro do contorno. Nela faise un percorrido detallado desde a formación do barro e a súa extracción ata as distintas técnicas de elaboración de materiais cerámicos a través da historia.

Rutas de Sendeirismo

A ruta de sendeirismo homologada da Fraga aos muíños foi deseñada para a posta en valor da paisaxe e do patrimonio natural, histórico, arquitectónico e etnográfico do concello de Mesía. O obxectivo é converter todos estes recursos nun instrumento útil para o tempo libre dos cidadáns e mesmo nun reclamo turístico, ao figurar no catálogo de rutas de sendeirismo homologadas.

Identificada a nivel autonómico como PR-G 117, o seu inicio sitúase no lugar dos Ricos (Visantoña) e o remate na Ponte Carballa (Olas). Ten unha lonxitude total de 13.450 metros e un desnivel neto de 98 metros, xa que parte dos arredor de 400 metros de altitude sobre o nivel do mar e remata en pouco máis de 300.

A ruta está considerada de nivel de dificultade baixo. O tempo estimado para completar o seu percorrido é de arredor de tres horas e media. Evidentemente, é un tempo variable segundo a velocidade que lle impriman os camiñantes e pode alongarse ou acurtarse en función das pausas que efectúen para deterse nos diversos puntos de interese situados ao longo da ruta.

Dentro do proxecto foron rehabilitados, total ou parcialmente, os catro muíños tradicionais de auga situados ao longo do percorrido da ruta: o da Ribeira, o de Queiroa, o do Batán e o da Cubela. Nos paneis informativos figuran ilustracións e textos descritivos dos elementos arquitectónicos dos muíños e do seu valor patrimonial e etnográfico, derivado da utilidade económica e social que tiñan hai só unhas décadas.

Outro dos grandes atractivos da ruta de sendeirismo homologada do Concello de Mesía son as paisaxes agrarias e forestais propias da zona, con proliferación de especies de flora e fauna autóctonas. Destaca ademais que para unha boa parte do seu percorrido recuperáronse sendas e camiños antigos.

Percorrido

De feito, o inicio da ruta é o camiño antigo da Fraga. Adéntrase na Chousa de Fóra, O Coto, a Chousa do Abellón, Roxos do Medio, O Petón e Roxos de Abaixo, ata chegar á parte do Torreiro. A partir de aí diríxese aos Campos da Piña e ás Ganzas, aproximándose ao Alto das Pías e descendendo logo cara ao Tello. Nesta zona atópase o primeiro dos catro muíños enmarcados na ruta, o da Ribeira. O traxecto avanza despois pola Redonda e As Chousas.

GuiaOnline.es

Escribe una reseña



Calificación general: