30 diciembre 2019 6:38
O Magnífico Conservatorio de Danza de Lugo, comezou a funcionar o curso 2003/04; é o único centro de Danza, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que existe na nosa comunidade. Imparte o grao elemental e profesional dos estudos de Danza. Dende o seu nacemento o número de alumnos vai medrando ano tras ano.

ESTUDOS DIRIXIDOS A: nenos e nenas a partir dos sete anos.

ACCESO: Para acceder a estes estudos e necesario superar unha proba que se realiza no mes de xuño e na que se valora as aptitudes físicas e expresivas do aspirante en relación coa danza, así como o seu sentido musical e idade idónea.

Pode accederse a calqueira outro curso do grao elemental o profesional superando unha proba de coñecementos das materias que compoñen o currículo dos diferentes cursos. Esta proba realizarase no mes de setembro.

ESTUDOS:

Grao Elemental: Consta de catro cursos.
Grao Profesional: Consta de seis cursos.

Grao Superior: Consta de catro cursos e dúas especialidades: Coreografía e Interpretación dunha banda e Pedagoxía doutra

GRAO PROFESIONAL

FINALIDADE

As ensinanzas profesionais de danza teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da danza.

ESPECIALIDADES DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE DANZA

O currículo das ensinanzas profesionais de danza referirase a cada unha das seguintes especialidades:

DANZA CLÁSICA

DANZA CONTEMPORÁNEA

. MATERIAS COMÚNS E PROPIAS DAS ESPECIALIDADES.

As ensinanzas profesionais de danza organízanse nas materias seguintes:

Materias comúns a todas as especialidades

a) Música.b) Danza galega.c) Acondicionamento físico.d) Anatomía aplicada á danza.e) Historia da danza.

Materias propias das especialidades:

a) DANZA CLÁSICA: danza clásica; danza de carácter; danza contemporánea; repertorio; pantomima e interpretación;
paso a dous.b) DANZA CONTEMPORÁNEA: danza clásica; técnicas de danza contemporánea; improvisación.

Materias optativas.

As materias optativas terán como finalidade complementar o currículo das ensinanzas profesionais.
O alumnado cursará, polo menos, dúas materias optativas no sexto curso das ensinanzas profesionais.
09 diciembre 2019 14:53
Es genial. Paso mucho tiempo en el conservatorio y me divieeto muchísimo. Todp es genial, pero gay una cosa que falla El conservatorio abre muy tarde y hay padres que tienen prisa y tienen que irse rápido. Me gustan mucho las salidas y las actividades.

Escribe una reseña



Calificación general: